Quen somos?

Un dúo de contacontos musicais infantís coñecido como teatro musical 2plicas.

 Temos o pracer de presentarvos a nosa proposta de entretemento educativo que destaca pola participación activa dos espectadores. 

A través da combinación de historias imaxinativas e cancións pegadizas, ofrecemos unha experiencia enriquecedora para todos os asistentes.

Sofía Rodríguez Villar

Fundadora e directora da academia 2Plicas. Profesora de manualidades e música-movemento. Amante das artes plásticas é, tamén, a encargada de facer instrumentos musicais con material de reciclaxe e as coreografías das cancións. 

Manuel Legazpi García

Fundador, director e profesor da academia de música 2Plicas.
Profesor de piano, análise, harmonía, linguaxe musical e música-movemento cunha exitosa bagaxe profesional de máis de 20 anos na ensinanza musical.